Noa Díaz Varela

Modelo:BiografíaNoa Díaz Varela
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
O Saviñao, España Editar o valor en Wikidata
Deputada do Parlamento de Galicia
2020 –
Concelleira
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor en Wikidata

Noa Susana Díaz Varela, nada no Saviñao en 1974, é unha xornalista e política galega do PSdG-PSOE, deputada no Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral da Coruña.

Papeleta das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.

Traxectoria

É licenciada en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. Exerceu como periodista no gabinete de comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Nas Eleccións municipais de 2019 en Galicia presentouse[1] como número 8 na lista do Partido dos Socialistas de Galiciaao Concello de Santiago, saíndo elixida concelleira e ocupando o cargo de Concelleira de educación, igualdade e mocidade.

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 levou o número dous na lista do PSdG-PSOE pola Circunscrición electoral da Coruña,[2] obtendo acta de deputada autonómica.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas