No Depression é o primeiro álbum de estudio da banda de country alternativo Uncle Tupelo, publicado o 21 de xuño de 1990 a través do selo Rockville Records. Tras a súa formación a finais dos 80, Uncle Tupelo gravou a cinta demo Not Forever, Just for Now, que tivo unha recensión positiva no College Media Journal en 1989.[1] A recensión fixo que a banda sinase un contrato co que se convertería en Rockville Records posteriormente. O álbum foi gravado cos produtores Sean Slade e Paul Q. Kolderie nos Fort Apache Studios, cun presuposto de 3 500 dólares.
No Depression foi aclamado pola crítica e vendeu ben para ser un lanzamento independente. O éxito do disco, que vendeu máis de 15 000 copias durante o seu primeiro ano, foi a nspiración para a creación da revista musical No Depression. O disco está considerado un dos traballos máis importantes do country alternativo e o seu título adoita a usarse como sinónimo do xénero tras ser popularizado pola revista No Depression. Despois de recuperar os dereitos do álbum tras unha demanda, Uncle Tupelo publicou unha versión remasterizada en 2003 a través do selo Legacy Records, con seis cancións extra.[2]
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Jay Farrar, Jeff Tweedy e Mike Heidorn agás onde se indique.
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
1. |
"Graveyard Shift" | |
4:43 |
2. |
"That Year" | Farrar, Tweedy |
2:59 |
3. |
"Before I Break" | |
2:48 |
4. |
"No Depression" | A.P. Carter |
2:20 |
5. |
"Factory Belt" | |
3:13 |
6. |
"Whiskey Bottle" | |
4:46 |
7. |
"Outdone" | Farrar, Tweedy |
2:48 |
8. |
"Train" | Tweedy |
3:19 |
9. |
"Life Worth Livin'" | |
3:32 |
10. |
"Flatness" | Tweedy |
2:58 |
11. |
"So Called Friend" | Farrar |
3:12 |
12. |
"Screen Door" | |
2:42 |
13. |
"John Hardy" (canción extra do CD) | tradicional, arr. Lead Belly |
2:21 |
41:41 |
Notas