Nináns, Luaña, Brión

Nináns
ParroquiaLuaña
ConcelloBrión
Coordenadas42°51′20″N 8°45′01″O / 42.8556, -8.7503
Poboación60 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

Nináns é un lugar da parroquia de Luaña no concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Tiña 63 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE,[1] dos cales 30 eran homes e 33 eran mulleres.

Área recreativa

Moi preto da aldea encóntrase a praia fluvial de Nináns, construída no mesmo leito do río Pego.[2]

As instalacións foron inauguradas a principios da década dos noventa e contaba con dúas piscinas; unha para nenos e outra para adultos; tres vestiarios, WC, zonas de herba e descanso, e un pequeno aparcadoiro para vehículos. A zona foi moi popular nos anos 90 e 2000, atraendo nenos e mozos locais así como visitantes doutros lugares. Incluso nos seus primeiros anos se impartiron clases de natación para as diferentes idades.

Hoxe en día o lugar perdeu popularidade debido a falta de mantemento, atención e absoluto abandono por parte do concello de Brión e mais a diminución de mozos e nenos locais. A piscina para nenos foi eliminada, sustituíndoa por mesas e bancos para pícnic.

No lugar tamén se pode ver o antigo muíño de pedra, que aínda hoxe conserva a moa.

No ano 2017, os seus arredores foron utilizados para o rodaxe de varias escenas da serie de Mediaset España Vivir sin permiso.

Notas

Lugares e parroquias

Lugares de Luaña

Lugares da parroquia de Luaña no concello de Brión (A Coruña)

A Amañecida | Ardións | Cristimil | Espiñeiros | Goiáns | A Igrexa | Mato | Moldes | Nináns | A Pedreira | Tourís | Vexo | Vioxo de Abaixo | Vioxo de Arriba

Parroquias de Brión

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Brión

Os Ánxeles (Santa María) | Bastavales (San Xulián) | Boullón (San Miguel) | Brión (San Fins) | Cornanda (Santa María) | Luaña (San Xulián) | Ons (Santa María) | San Salvador de Bastavales (San Salvador) | Viceso (Santa María)