Nilo Cea Rodríguez, nado en Melide en 1911 e finado no mesmo concello o 27 de outubro de 1992, foi un mestre, escritor e debuxante galego.
Traxectoria
Fillo de Domingo Antonio Cea Costoya, mestre de Melide, e Leonor Rodríguez. Mestre de Furelos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi represaliado. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.[1] Cultivou a poesía e a prosa (contos de nenos e de escola e narracións costumistas) sempre en galego. Tamén foi debuxante, caricaturista e tallista en madeira. Finou en Melide o 27 de outubro de 1992.[2]
Obras
Entre as súas obras figuran os contos de escola A Escola, o escolante e máis os rapaces da aldea e Contos do Mariano (en prosa) e Contos recolleitos e contos discurridos postos en verso (poemas).
Recoñecementos
Unha rúa de Melide leva o seu nome.
Vida persoal
Casou con Matilde Concepción Sánchez Reboredo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas