Nieves Lorenzo González

Modelo:BiografíaNieves Lorenzo González
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Director de teseVicente Pérez Muñuzuri Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísica, profesora universitaria Editar o valor en Wikidata

Dialnet: 3941929

Nieves Lorenzo González, nada en 1971[1], é Física e catedrática de Física na Universidade de Vigo (Uvigo).

Traxectoria

Estudou Física na Universidade de Santiago de Compostela, onde realizou o seu doutoramento.[2]

Os seus intereses como investigadora inclúen os estudos de: Dinámica Atmosférica, Oceanografía Física, Interacción atmosfera-océano, modelos numéricos, cambio climático, Biometeoroloxía, Agrometeoroloxía e Sistemas non lineais.

Promove a participación das mulleres na ciencia e a tecnoloxía, con iniciativas como Exxperimenta en feminino,[3] unha actividade divulgativa na que se presentan talleres científicos e tecnolóxicos guiados por mulleres do Campus de Ourense nos que pode participar o estudiantado non universitario.

Dende decembro de 2023 é a directora da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.[4]

Notas

  1. "Nieves Lorenzo, directora de la Escuela de Ingeniería Aeroespacial: «Nadie daba un duro por nosotros»". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-02-15. Consultado o 2024-08-25. 
  2. "María de las Nieves Lorenzo González". The Conversation (en inglés). 2022-07-14. Consultado o 2024-08-24. 
  3. "La feria Exxperimenta en femenino acercará la ciencia a la calle este viernes". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-02-07. Consultado o 2024-08-25. 
  4. "A investigadora do CIM e catedrática Nieves Lorenzo, nova directora da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo". Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo | CIM - UVigo. 2023-12-05. Consultado o 2024-08-24.