Nieves Abarca Corral, nada na Coruña a finais de maio[1][2] de 1968, é unha escritora galega en lingua castelá.
Traxectoria
Licenciouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e logo fixo un mestrado en Xornalismo na Universidade Aberta de Cataluña (UOC). Viviu en Londres dous anos e traballou profesionalmente na policía local[2] e na administración pública[3] para o concello da Coruña, denantes de dedicarse á escritura.
A súa obra está escrita en lingua castelá e o seu xénero fundamental é a novela negra. Asistiu a un curso de psicoloxía criminal impartido polo profesor da Universidade de Valencia Vicente Garrido, e iso fixo que acabase dedicándose á escritura e publicando con el novelas a catro mans. As súas primeiras novelas pertencen a unha serie que ten como protagonista a inspectora da policía Valentina Negro, e o criminólogo Javier Sanjuán; o primeiro volume da serie está ambientada na cidade da Coruña.
En 2019 escribiu fóra do seu tándem habitual con Garrido, adentrándose na novela histórica con Voraces, que ten como personaxe principal a escritora liberal Juana de Vega.
Tamén ten colaborado con medios culturais, tanto escribindo como tirando fotografías[2].
Obra
A canda Vicente Garrido
- Crímenes exquisitos (Versátil, 2012). Serie Valentina Negro & Javier Sanjuán, 1.
- Martyrium (Versátil, 2013). Serie Valentina Negro & Javier Sanjuán, 2.
- El hombre de la máscara de espejos (Ediciones B, 2014). Serie Valentina Negro & Javier Sanjuán, 3.
- Los muertos viajan deprisa (Ediciones B, 2016). Serie Valentina Negro & Javier Sanjuán, 4.
- El beso de Tosca (Ediciones B, 2018).
En solitario
Notas