Santa María de Nieva é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense. Segundo o IGE[2], en 2016 tiña 249 habitantes (114 homes e 135 mulleres), 79 menos ca en 2006 e 104 menos ca en 2000.
Comunícase a través da estrada OU-9304, que conecta Avión co concello de Covelo (provincia de Pontevedra). A igrexa parroquial está na aldea de Caseiro.