Nicholas Cummins, nado en 1808 e finado en 1885, foi un xuíz de paz irlandés que exerceu no condado de Cork.
Transcendencia durante a Gran Fame
Cummins fíxose coñecido despois de enviar unha carta aberta[1] a Arthur Wellesley, o Duque de Wellington, que escribiu tras visitar a zona de Skibbereen. Na visita, un impresionado Cummins testemuña os efectos devastadores da Gran Fame irlandesa, que describe de forma extremadamente gráfica. O maxistrado tamén distribuíu devandita carta a diferentes xornais, chegando a publicarse no The Times na Noiteboa de 1846.[2] A misiva acadou repercusión pública mundial e provocou unha vaga de solidariedade sen precedentes coa sociedade irlandesa.A carta tamén se difundiu e publicou en xornais irlandeses, británicos e americanos, co fin de recadar fondos para paliar as consecuencias da Gran Fame. Como repercusión directa desta carta naceu en Londres a British Relief Association, o primeiro de xaneiro de 1847. Esta organización non relixiosa doou sumas de diñeiro a Irlanda e o sobriño do propio Cummins formou parte do comité director.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Lyons, Francis Stewart Leland (1973): Ireland since the Famine. Fontana.