Nicanor Villar Martínez

Modelo:BiografíaNicanor Villar Martínez
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1901 Editar o valor en Wikidata
Redondela, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Bemil, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Mazaricos
1933 – 1933
Alcalde de Mazaricos
1930 – 1931 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 11715

Nicanor Villar Martínez, nado en Redondela o 14 de xullo de 1901[1] e finado en Bemil (Caldas de Reis) o 18 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

Fillo do xastre Miguel Villar Sánchez e de Celia Martínez Pérez. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Exerceu de mestre en Sacos (1924),[2] Santa Cristina de Cobres (1925),[3] e O Salto (1926).[4] Aprobou as oposicións en 1926 e ao ano seguinte foi nomeado mestre da escola mixta de Chacín (Mazaricos). O 26 de decembro de 1930 foi nomeado alcalde de Mazaricos, permanecendo no posto ata xullo de 1931. En 1931 integrouse na ORGA pola que se presentou ás eleccións municipais do 12 de abril, logrando acta de concelleiro e sendo nomeado síndico. Porén, o 12 de xullo renunciou á acta de concelleiro. Nesta época construíu unha casa-escola en Chacín.

O 9 de febreiro de 1933 un delegado do gobernador civil da Coruña nomeado polo ministro de Gobernación Santiago Casares Quiroga suspendeu a Corporación de Mazaricos por supostas irregularidades e nomeou unha nova corporación presidida por Nicanor Villar.[5] O nomeamento foi revertido o 16 de agosto dese ano. Presentouse a deputado pola ORGA nas eleccións do 19 de novembro de 1933 sen chegar a ser elixido. Concédenlle o traslado para a escola número 2 da Guarda en novembro de 1935. Logo da vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 e o nomeamento de Casares Quiroga como presidente do Consello de Ministros, Nicanor foi nomeado profesor-bibliotecario da Escuela Nacional de Sordomudos de Madrid.[6]

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Redondela. Foi detido e encerrado no cárcere de Redondela por ser amigo persoal de Casares Quiroga. Foi sacado da cadea o 18 de agosto de 1936 co pretexto de trasladalo a Caldas de Reis e paseado nunha cuneta preto de Pía de Casas, na parroquia de Bemil en Caldas de Reis. Informada a familia de Nicanor, saíron detrás do coche que o levaba, pero cando o alcanzaron xa se producira o crime.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Mazaricos
 
1930 - 1931
Sucesor:
Francisco del Río Rodríguez
Predecesor:
Ramón Agra Maceiras
 
Alcalde de Mazaricos
 
1933
Sucesor:
Ramón Agra Maceiras

Vida persoal

Casou con Ángela Amado Montes cara a 1918, e foi pai de Ángela, Celia, Nicanor, Enrique e José Villar Amado.

Notas

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 100. 
  2. El Diario de Pontevedra, 30-1-1924, p. 3.
  3. El Progreso, 12-5-1925, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 16-9-1926, p. 9.
  5. La Voz de Galicia, 18-2-1933, p. .
  6. El Pueblo Gallego, 17-3-1936, p. 13.

Véxase tamén

Ligazóns externas