New Plymouth é unha cidade da Illa Norte de Nova Zelandia, capital da rexión de Taranaki, cunha poboación estimada duns 52.200 persoas. A cidade foi bautizada con este nome polos primeiros habitantes, que eran inmigrantes que viñan da zona de Plymouth, en Inglaterra.
Atractivos da cidade
New Plymouth é coñecida pola súa oferta de lecer deportivo. A cidade está rodeada de praias nas que practicar surf, de montes nos que practicar ciclismo de montaña, e mesmo dunha estación de esquí a 30 minutos en coche.
A cidade acadou moitos premios nos últimos anos, pola coidado da súa ribeira mariña, polo carrís para bicicletas e peóns, e pola limpeza das súas rúas.
Deporte
O deporte principal de New Plymouth é o rugby, ó igual que no resto do país. O principal equipo de rugby da cidade é o Taranaki RFU, que disputa cada ano a liga neozelandesa, a ITM Cup, e que xoga como local no Yarrow Stadium. Este estadio acollerá 3 encontros da Copa do Mundo de Rugby 2011 que organizará Nova Zelandia.