"Neverending Love", escrita por Per Gessle, foi o primeiro lanzamento do dúo de pop sueco Roxette, e que sería incluído máis tarde no seu álbum debut Pearls of Passion.
A canción titulábase orixinalmente Svarta Glas e fora escrita por outro artista sueco, Pernilla Wahlgren. Botouse para atrás e deulla ao seu irmán, Niclas Wahlgren, quen decidiu gravala. O lanzamento desta versión foi cancelado, porén, debido a petición da empresa discográfica EMI, porque Gessle gravara unha versión en inglés da canción xunto coa outra membro de Roxette, Marie Fredriksson. O novo título da canción foi Neverending Love.
Orixinalmente estaba destinado o seu lanzamento unicamente fóra de Suecia, pero EMI finalmente cambiou de opinión e lanzárono tamén nese país onde alcanzaría a terceira posición nas listas de sinxelos.
Existen dous vídeos musicais para Neverending Love. O primeiro vídeo foi filmado en Luxemburgo en 1986 onde Marie ten o pelo vermello. O segundo vídeo foi dirixido por Rikard Petrelius.
Lista de temas
# |
Título
|
1. |
"Neverending Love"
|
2. |
"Neverending Love (Love Mix)"
|
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
Compilacións | |
---|
Álbums en directo | |
---|
Remesturas | |
---|
Sinxelos | |
---|
Videografía | |
---|