O nesgo de xénero defínese como unha inclinación tendenciosa cara a unha persoa ou colectivo en función do seu xénero. Este nesgo pode producir unha predisposición, parcialidade, prexuízo ou predilección na selección, representación ou toma de decisións cara a un individuo ou colectivo.[1] Enténdese como un enfoque incorrecto da igualdade entre as persoas, o que pode levar a comportamentos desiguais e discriminatorios, nos que, malia que existan grupos mixtos, se ten certo favoritismo cara a un xénero, incluso inconscientemente.[2]
Os nesgos de xénero poden facerse evidentes nos procesos de socialización tanto na infancia como na idade adulta, e no momento de adoptar roles nos ámbitos laborais ou familiares.[3] No ámbito laboral, por exemplo, o nesgo de xénero pódese definir como un tratamento desigual das oportunidades laborais (como a promoción, remuneración, beneficios e privilexios) debido ás actitudes baseadas no xénero dun empregado ou dun grupo de empregados.[4]
É unha realidade que afecta a gran parte da esfera social, incluída a produción científica,[5][6][7] o urbanismo, [8] o transporte, [9] o clima,[10] a economía [11] ou a relixión, entre outras moitas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos