Nemo é un nome propio onomástico, hipocorístico, alcume e apelido. É en latín "ninguén" e pode referirse ao alias Outis que Odiseo utilizaba para enganar a Polifemo na Odisea.
Tamén se pode usar como alcume para o nome Xerónimo.
Persoas
- Willard Nemo Gaines (1897–1979), xogador de béisbol e capitán naval.[1]
- Harry Loran Nemo Leibold (1892–1977), xogador de béisbol, que recibe o nome do personaxe de banda deseñada Little Nemo.[2]
- "Nemo" Antti Niemi (nado en 1983), porteiro finlandés de hóckey sobre xeo.[3]
- Qiyu Zhou (nada en 2000), xogadora de xadrez e streamer canadense de orixe chinés alcumada Nemo /akaNemsko.[4]
- Gina Nemo (nada en 1965), actriz estadounidense
- Henry Nemo (1909–1999), músico, compositor e actor estadounidense. Gina Nemo participou no Henry Nemo Tribute.[5]
- Louis-Paul Némo, nome de nacemento de Roparz Hemon (1900–1978), estudoso e escritror bretón.
- Constantin de Grimm, ilustrador de Vanity Fair , de pseudónimo "Nemo".
- Nemo Ramjet, pseudónimo do artista e escritor CM Kosemen.[6]
Personaxes de ficción
- Capitán Nemo, nas novelas de Jules Verne Vinte mil leguas baixo o mar e A illa misteriosa (1870), e as súas adaptacións.
- Little Nemo, protagonista da banda deseñada Little Nemo in Slumberland de Winsor McCay (1905)
- Nemo, un peixe pallaso, na película Buscando a Nemo (2003) e na súa secuela Buscando a Dory (2016)
- Nemo, un personaxe secundario da novela de Charles Dickens Bleak House (1852)
- Nemo Nobody, o personaxe principal da película Mr. Nobody (2009)
- Quentin Nemo, un bruxo da novela Orphans of Chaos (2005)
- O xuíz Nemo, vilán principal do videoxogo Disgaea 4
- Nicolas Monroe "Nemo" Makalintal, un personaxe secundario da serie de comedia romántica filipina de 2018 The One That Got Away
- NEMO, personaxe xogador do videoxogo Ace Combat.
Notas