Nauterra, anteriormente[1] chamado Grupo Calvo, é un grupo empresarial galego de alimentación con sede en Carballo[2]. Calvo dedícase á pesca, produción, transformación e comercialización de conservas de peixe e pratos precociñados. A empresa vende os seus produtos en 60 países.
Historia
As orixes da empresa están na Maragatería previo paso por Cuba. A familia Calvo estableceuse en Carballo a finais do século XIX[3]. Dende entón é unha empresa familiar.
Calvo foi creada en 1940 por Luís Calvo Sanz. En 2004 Calvo mercou a marca brasileira Gomes da Costa, pasando a ser unha das cinco maiores empresas conserveiras do mundo. En 2008 Calvo colleitou unhas ganancias de dous millóns de euros.[4]. O Grupo Calvo está agrupado baixo o nome de Luis Calvo Sanz, S.A.
En 2012 a multinacional Bolton International Group comprou o 40% das accións da empresa por uns 125 millóns de euros[5].
En 2023 contaba con 5200 empregados[1], e mais con fábricas e oficinas en siete países, entre eles O Salvador, Venezuela e Costa Rica e filiais en Italia (baixo a marca Nostromo) e o Brasil (baixo a marca Gomes da Costa). O grupo tivo un volume de negocio de 678 millóns de euros en 2022[1].
Produtos
- Conservas de peixes e marisco
- Pratos precociñados
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas