Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Desenvolvemento Territorial pola Universidade Autónoma de Madrid e posgrao en Planificación e Desenvolvemento Local pola Universidade da Coruña. Traballou como coordinadora técnico-didáctica de programas de inserción e emprego no Centro de Formación en Novas Tecnologías de Ferrol e foi xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Costa Noroeste nos concellos da comarca de Ferrol e Ortegal. Militante do PSdeG-PSOE dende 1989, formou parte das executivas locais de Narón e Ferrol, da Executiva Nacional Galega, do Comité Nacional Galego e da Executiva Provincial da Coruña. Nas eleccións autonómicas de 2001 foi elixida deputada do Parlamento de Galicia. Incorporouse ao gabinete da Consellería de Sanidade en 2005 e en 2008 foi nomeada comisionada para a Seguridade Vial de Galicia. Foi concelleira e portavoz do Grupo Municipal do PSdeG no Concello de Ferrol en 2011. Dende setembro de 2017 é asesora do alcalde de Ortigueira.[1]