GeVi Napoli
|
|
Información xeral
|
Liga
|
LBA
|
Fundación
|
2016
|
Historia
|
Cuore Napoli Basket (2016−2018)
|
Cores
|
Branco, azul
|
Presidente
|
Federico Grassi
|
Adestrador
|
Igor Miličić
|
Patrocinador
|
Generazione Vincente
|
Localización
|
Cidade
|
Nápoles, Italia
|
Pavillón
|
PalaBarbuto
|
Capacidade
|
5 500
|
Inauguración
|
2003
|
napolibasket.it
|
O SS Napoli Basket, actualmente coñecido como GeVi Napoli Basket por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano con sede en Nápoles, Campania. Fundado en 2016, é o equipo sucesor do desaparecido S.S. Basket Napoli.[1] Após conseguiren o ascenso desde a Serie A2 na temporada 2020−21, o equipo compite na LBA, a máxima categoría do baloncesto transalpino.
Historia
Após a desaparición do S.S. Basket Napoli en 2010, o proxecto renaceu seis anos despois da man de Ciro Ruggiero grazas á cesión dos dereitos deportivos do Cilento Basket Agropoli, que permitiron ao recentemente nado equipo napolitano comezar a súa andaina na Serie B na temporada 2016−17. Na mesma tempada, o Napoli Basket consegue o ascenso á Serie A2 tras finalizar primeiro no Grupo C da tempada regular e vencer ao Bergamo Basket na final do play-off. Con todo, ao final da seguinte temporada o equipo regresa á Serie B tras perder nos play-outs ante os Roseto Sharks. Ao final da mesma tempada, a dirección pasa aos empresarios napolitanos Federico Grassi e Francesco Tavassi, mentres que o adestrador Gianluca Lulli é designado para dirixir o equipo. Na Serie B 2018−19 o Napoli Basket pecha a tempada regular no 6º posto do grupo D con 36 puntos, pasando así a disputar os play-offs, onde perde en semifinais ante Pallacanestro Palestrina.
En xuño de 2019 a equipo anuncia que comprou os dereitos deportivos do Legnano Basket Knights, obtendo o dereito a participar na Serie A2 2019−20. A tempada comeza con tres derrotas consecutivas coa consecuente rescisión do técnico Gianluca Lulli e o anuncio da contratación de Stefano "Pino" Sacripanti. O Napoli finaliza a temporada regular en oitava posición, asegurándose un lugar nos play-offs. Porén, estes nunca se chegarán a xogar debido á pandemia de COVID-19. Na temporada 2020−21 da Serie A2, o equipo volve clasificarse aos play-offs, conseguindo o obxctivo do ascenso após venceren ao Amici Pallacanestro Udinese na rolda final.
Palmarés
Copa de Italia
Copa da Segunda División de Italia
Copa da Terceira División de Italia
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas