Ignacio Luis Fernández Goberna, nado en Donostia o 30 de xullo de 1964, é un cantante, guitarrista e compositor español, coñecido principalmente por formar parte entre 1985 e 1993 do dúo La Dama se Esconde.
É fillo do histórico futbolista galego Pahiño e irmán máis novo de Patricia Fernández Goberna, cantante de Trigo Limpio, e participante no Festival de Eurovisión.
Traxectoria
Naceu no barrio donostiarra de Gros,[1] sendo fillo de Pahiño, histórico futbolista de Celta de Vigo, Real Madrid e Deportivo da Coruña, e de Inés Goberna.[2] Seu tío Eduardo Goberna foi tamén futbolista do Deportivo da Coruña.[3]
Mentres estudaba no colexio xesuíta de Donostia,[1] formou xunto a tres compañeiros (Ignacio Valencia, Juan José Mourlanch e José Manuel Gandasegui) o grupo Agrimensor K.[4] Tomaron o nome do protagonista da novela O castelo de Franz Kafka. Con este grupo gravou dous discos editados por DRO: Principio y fin (1982) e ¿Juegas al escondite? (1983).[5]
Unha vez disolto Agrimensor K, Goberna e Valencia formaron La Dama se Esconde e marcharon a Madrid. O grupo estivo activo ata 1993, publicando case un disco por ano.[5] Tras a disolución deste, Nacho F. Goberna publicou dous discos en solitario, Transparente (2002) e Un bosque de té verde (2010).[1]
En 2013 creou xunto á súa parella a revista cultural Lecturas Sumergidas.[5]
Discografía
Agrimensor K
- Principio y fin (1982)
- ¿Juegas al escondite? (1983)
La Dama se Esconde
- Avestruces (1985)
- Armarios y camas (1986)
- La tierra de los sueños (1987)
- Coge el viento (1989)
- Lejos del puerto (1990)
- De colores, tu color (1992)
- Hoy (1993)
- Lo mejor (1999)
- Una habitación llena de pájaros (1985) (2011)
- Después de Hoy y antes de Mañana (1993-1995) (2011)
- Las demos de 12 canciones que fueron publicadas (1985-1993) (2011)
En solitario
- Transparente (2002)
- Un bosque de té verde (2010)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas