NGC 7129

NGC 7129
Imaxe da NGC 7129 en falsas cores tomada polo Telescopio Espacial Spitzer.
Créditos: SIRTF/NASA.
Datos para a observación
Época= X2000,0
Tipo de obxecto Nebulosa de reflexión
Ascensión recta 21h 42m 56s[1]
Declinación +66° 6′ 12″[1]
Distancia ~3.300 al[1]

1,01 quiloparsecs

Magnitude aparente 11,5
Dimensións aparentes 7′ x 7′
Constelación de Cepheus
Características físicas
Radio 3 al[2]
Magnitude absoluta ?
Outras designacións OCL 240, LBN 497

NGC 7129 é unha nebulosa de reflexión situada a 3.300 anos luz de distancia na constelación de Cepheus. Un cúmulo aberto é o responsable da iluminación desta nebulosa. Unha recente investigación apunta a que este cúmulo contén máis de 130 estrelas de menos dun millón de anos de idade. NGC 7129 está situada a menos de medio grao do cúmulo NGC 7142.[3] A nebulosa ten forma de casullo de rosa; o vento estelar das novas estrelas empurraron cara a fora a que unha vez foi unha nube molecular de forma globular, na cal estas estrelas naceron. A cor rosa provén dos grans de po que flotan na nube, e que son quentados pola intensa luz das estrelas novas. A luz ultravioleta e a luz visible é absorbida por estes grans, os cales ó quentarse emiten enerxía en lonxitudes de onda infravermella, e é no infravermello coma o Telescopio Espacial Spitzer fotografou esta nebulosa. As cores falsas máis vermellas da imaxe tomada no infravermello polo telescopio Spitzer (ver imaxe da caixa de información) suxiren unha nube molecular rica en hidrocarburos.[1]

A nube molecular máis fría que está rodeando á quente é invisible para o Telescopio Espacial Spitzer. Tres das estrelas máis novas do centro da nebulosa insiren chorros da gas supersónico dentro da nebulosa, a colisión destes chorros de gas quente, quentan á súa vez ás moléculas de monóxido de carbono da nebulosa, o cal produce unha complexa nebulosa de cor verde, que fai de talo da rosa.[1]

NGC 7129 vista co telescopio de 24 polgadas do Monte Lemmon. Por cortesía de Joseph D. Schulman.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 JPL/NASA (ed.). "Rosebud of a Reflection Nebula". Consultado o 04-05-2012. 
  2. distancia × sin( diámetro angular / 2 ) = 3 al. radio
  3. "Young Suns of NGC 7129". Consultado o 04-05-2012. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas