NGC 4559 é unha galaxia en espiral situada na constelación de Coma Berenices ao alcance de telescopios de afeccionados, a unha distancia de entre 20 e 35 millóns de anos luz. Pertence á nube de galaxias Coma I, na que tamén se inclúe NGC 4565, e que parece estar en proceso de achegamento e eventual fusión co veciño Cúmulo de Virgo.[1]
É unha galaxia de tipo tardío, cun núcleo moi pequeno e clasificada como intermedia entre unha galaxia espiral normal e outra con barra e cun anel interno mal definido.[2]
Como noutras moitas galaxias de tipo tardío e relativamente illadas, o hidróxeno neutro de NGC 4559 ocupa unha área moito maior ca ocupada polas estrelas, e neste caso esténdese tamén máis aló do plano da galaxia.[3] Nesta galaxia rexistrouse unha supernova (SN1941a).