NGC 1499

NGC 1499
Datos para a observación
Época= X2000,0
Tipo de obxecto Nebulosa de emisión
Ascensión recta 04h 03m 18,00s
Declinación +36° 25′ 18,0"
Distancia 1.000 al
Magnitude aparente 6,0
Dimensións aparentes 2,5 ° de longo
Constelación de Perseus
Características físicas
Radio ?
Magnitude absoluta ?
Outras designacións NGC 1499, Sharpless 220

A Nebulosa California (NGC 1499) é unha nebulosa de emisión situada na constelación de Perseus. É chamada así porque parece asemellarse ó contorno do estado de California, Estados Unidos, en fotografías de longa exposición. Ten un tamaño aparente de case 2,5° de longo e, debido ó seu baixisimo brillo superficial, é moi difícil observala visualmente. Pódese observar cun filtro Hβ (que illa o Hβ, na liña de 486 nm) dentro dun rico campo visual no telescopio baixo ceos escuros.[1] Está a unha distancia de preto de 1.000 anos luz da Terra. A súa fluorescencia débese á excitación da liña Hβ da nebulosa pola prodixiosamente enerxética e próxima estrela O7, xi Persei (tamén coñecida como Menkib, véxase na diapositiva de abaixo, no centro cara a abaixo e un pouco cara a dereita)[2]

A Nebulosa de California foi descuberta por E. E. Barnard en 1884.

Referencias

  1. "The California Nebula". observing.skyhound.com. Consultado o 23-12-2013. 
  2. Encyclopedia of Alternative Energy (ed.). "Menkib(Xi Persei)". 

Ligazóns externas