A N-I é unha estrada radial que une Madrid con Lasarte-Oria, atravesando Aranda de Duero, Lerma, Burgos, Miranda de Ebro e Vitoria. Anteriormente continuaba por Donostia e finalizaba en Irún e a fronteira francesa. Con todo, en 2010, a Deputación Foral de Guipúscoa -que administra o tramo guipuscoano- decidiu renomear como GI-11 o tramo entre Lasarte-Oria e o enlace coa Variante de Donostia, e renomeou tamén como GI-636 o tramo entre Pasaia e Irún.
A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Actualmente a N-I atópase desdobrada na totalidade dos seus tramos e foi renomeada como A-1 (Autovía do Norte) salvo en Guipúscoa, onde aínda se denomina N-I aínda estando desdobrada na totalidade do seu trazado.
Os seguintes tramos aínda permanecen como estrada nacional como alternativa ás de pago:
Por outra banda, os tramos que atravesan poboacións agora rodeadas pola autovía manteñen a denominación N-Ia ou ben foron transferidos aos concellos converténdose nunha vía urbana máis do municipio.
-
Madrid
-
A N-I ao seu paso polo Porto de
Pancorbo, vista desde a
AP-1.
-
Véxase tamén