A N-640 é unha estrada nacional, que nace na N-634 para atravesar Galicia ao longo de 228 km, desde Castropol (Asturias) até Vilagarcía de Arousa. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).
Pasa pola Pontenova, Meira, Lugo, Monterroso, Agolada, Lalín, Silleda, A Estrada, Cuntis e Caldas de Reis. Comparte parte do seu camiño coa estrada N-540 (entre Lugo e Guntín) e coa N-525 (entre Lalín e Chapa).
Á súa entrada en Galicia ten lugar o inicio da N-642. Asemade, en Santiso de Abres, volve entrar en Asturias.
|
---|
Rede interurbana | Autoestradas e autovías | |
---|
Nacionais | |
---|
|
---|
Rede urbana | A Coruña | |
---|
Ferrol | |
---|
Lugo | |
---|
Ourense | |
---|
Pontevedra | |
---|
Santiago de Compostela | |
---|
Vigo | |
---|
|
---|