A música medieval en Galiza é toda a música escrita na Idade Media, é dicir dende a caída do Imperio Romano ata o descubrimento de América, en galego-portugués ou recollida en libros galegos. Na música medieval de Galiza destacan tres grupos de composicións: as recollidas no Códice Calixtino, a música das Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio, e as sete cantigas de amigo de Martín Codax (unicamente seis conservan a música).
Desenvolvemento
O Camiño de Santiago foi un elemento chave no desenvolvemento da música en Galiza na Idade Media.