Mónica García Pérez |
|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) |
---|
|
Ocupación | actriz |
---|
|
|
|
|
Mónica García Pérez, nada en Luarca (Asturias) en 1966, é unha actriz galega con ampla experiencia teatral e televisiva. Destacan especialmente os seus papeis nas series da TVG Pratos combinados e Valderrei, na que interpretou o papel protagonista, e a súa pertenza á compañía teatral Chévere.
Filmografía
Televisión
Cine
- Continental (1990), de Xavier Villaverde.
- Contos de Alentraia: Tornabón (1994), de Jorge Coira e José Carlos Soler.
- Aínda máis difícil (1998), de Ángel de la Cruz.
- Sei quen es (1999), de Patricia Ferreira Mañá.
- Alzhéimer (2000), de Álex Sampayo.
- O lapis do carpinteiro (2001), de Antón Reixa.
- Os luns ó sol (2002), de Fernando León de Aranoa.
- Bobo Furcia (2002), de Álex Sampayo e Xoel Fernández.
- Para que non me esquezas (2004), de Patricia Ferreira Mañá.
- Amelia e as sereas (2006), de Ghaleb Jaber.
- Galatasaray-Dépor (2006), de Hannes Stöhr.
- A biblioteca da iguana (2006), de Antón Dobao.
- Bechos raros (2006), de Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes.
- A mariñeira (2007), de Antón Dobao.
- A esmorga (2014), de Ignacio Vilar.
Teatro
- As actas escuras (CDG, 2009; como leiteira, muller 1 e criada).
- Citizen (2011)
- Eurozone (2013)
- As fillas bravas (2014)
- Ultranoite no País dos Ananos (2014)
- Divinas Palabras Revolution (2018)
Galardóns e nomeamentos
É a actriz que máis veces recibiu este galardón da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, en concreto en tres ocasións. Recibiuno en 1997 por Bailando en verán, en 2003 por Os espectros e en 2012 por Citizen.
Véxase tamén
Ligazóns externas