Mutoid Man é unha banda estadounidense de metalcore formada no ano 2012 en Brooklyn, Nova York, polo vocalista e guitarrista de Cave In Stephen Brodsky, o batería de Converge Ben Koller, e o baixista Nick Cageao.[1] O grupo leva publicados un EP e dous álbums de estudio ata a data. AllMusic describiu o seu son como metalcore pero destacou que non ten relación só co hardcore punk e o heavy metal, senón tamén co rock and roll, o math rock, o rock progresivo e a música psicodélica.[1] Pitchfork celebrou o seu álbum de estrea, Bleeder, por "[abrazar] tanto o hard rock estúpido como o metal progresivo cerebral, nun momento no que os dous enfoques volvéronse case mutuamente exclusivos na música heavy".[2]
Discografía
Álbums
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas