O Museo do Ouro Calima é un museo arqueolóxico dedicado á cultura calima que se atopa no centro histórico de Santiago de Cali, Colombia. O Museo do Ouro Calima foi o noveno museo creado polo Banco da República de Colombia para amosar as expresións artísticas e culturais das poboacións precolombianas. É tamén un dos seis museos do ouro do Banco que existen en Colombia, sendo o principal o Museo do Ouro de Bogotá.
O museo contén 615 pezas precolombianas de ouro, cerámica, pedra, madeira, cunchas e outros materiais creados polas sociedades ilama, yotoco e sonso, que historicamente viviron na rexión.[1] As pezas arqueolóxicas creadas por unha cuarta sociedade coñecida como malagana atópanse no Museo do Ouro de Bogotá. Estas pezas non foron incluídas no museo por mor de limitacións de almacenamento.
A admisión ó museo é de balde para tódolos visitantes[2] e está aberto de xoves a sábado. Existe a opción de visita guiada baixo demanda. O museo atópase no edificio do Banco da República.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas