Museo Internacional Mingei

Museo Internacional Mingei
Coordenadas32°43′52″N 117°09′04″O / 32.7311, -117.151
PaísEstados Unidos de América
CidadeCalifornia
Inauguración1978
Na rede
https://mingei.org/
Facebook: MingeiMuseum Twitter: MingeiMuseum LinkedIn: mingei-international-museum Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Museo Internacional (Mingei International Museum) é unha institución pública sen ánimo de lucro que recolle, conserva e exhibe arte popular, artesanía e deseño. O museo fundouse en 1974 e o seu edificio abriuse en 1978. A palabra Mingei, que significa "arte do pobo", foi acuñada polo xaponés Sōetsu Yanagi combinando as palabras xaponesas para todas as persoas ( min民) e arte ( gei芸).

Historia

O museo foi fundado por Martha Longenecker, profesora de Arte Emérita da Universidade Estatal de San Diego. Como artista artesá que estudou a fabricación de cerámica no Xapón, coñeceu e aprendeu dos fundadores da Asociación Mingei do Xapón.

En maio de 1978 inaugurouse coa exposición Dolls and Folk Toys of the World (Bonecas e Xoguetes Populares do Mundo). En agosto de 1996 foi trasladado á Praza de Panamá onde tamén están o Museo de Arte de San Diego e o Museo de Arte Timken. En 2003 abriu outro museo Mingei na vila Escondido, no condado de North San Diego, que fechou en 2010. Nos seus primeiros 30 anos de historia, Mingei International presentou 140 exposicións, acompañadas de charlas, películas, demostracións, obradoiros, música, teatro e danza.

Coleccións

As coleccións do Museo comprenden 17,500 obxectos desde 141 países. Conteñen artefactos desde o século III a.C. até o presente e inclúen os obxectos tan diversos como barcos de arxila antiga ou vasos contemporáneos de vidro veneciano.

Varias rexións do mundo son representadas.

  • México: olaría, tallas de madeira, téxtiles, retablos, máscaras
  • India: bronces, tallas de madeira, olaría, téxtiles
  • China: traxes, xoias, tallas de madeira, olaría
  • Xapón: olaría, téxtiles, tallas de madeira, cerámica lacquer ware, traballos en metal
  • Indonesia: monumentos ancestrais, tallas de madeira, téxtiles, máscaras, esculturas
  • África: olaría, repousa-cabezas, banquetas, máscaras, téxtiles
  • Pre-Colombianos: Olaría e téxtiles desde América Central e Do sur
  • Oriente Medio: téxtiles, xoias, tallas de madeira
  • Estados Unidos: olaría do século XX; mobiliario contemporáneo, téxtiles, vidro; tecidos indíxenas Navajo

Ligazóns externas