Mursilis I (Murshilish) rei dos hititas á morte de Hattusilis I entre os anos -1620 e -1590.
Traxectoria
Segundo sabemos por un documento atopado denominado as "Lamentacións de Hattusilis", Hattusilis escolle ao seu neto Mursilis en lugar do "ingrato" do seu fillo para sucedelo.
Estreitou os lazos algo débiles que unían a confederación de cidades-estado e incorporou estes ao primeiro Imperio Hitita, chegando a ser a terceira potencia de Oriente Medio, xunto con Babilonia e Exipto. Continuou a política expansionista derrotando aos hurritas e destruíndo o reino de Alepo, en cuxa empresa fracasara Hattusilis. Protagonizou unha incursión contra a cidade de Babilonia no ano -1595. Pero era evidente que Mursilis non podería conservar unha cidade situada a dous mil quilómetros de Hattusas, a capital do Imperio, e moito menos incorporala ao Imperio. Esta incursión coincidiu co fin da dinastía dos amorreos cuxo último rei foi Samsuditana. Ignórase se este feito foi consecuencia da expedición de Mursilis ou unha simple coincidencia.
Tras finalizar a campaña Mursilis regresou a Hattusas. Ao pouco tempo, no -1590, morreu vítima dun complot encabezado polo seu cuñado Hantilis I (Hantilish), quen se converteu no novo rei hitita.