As murallas son un factor activo moi importante na conformación do urbanismo da cidade e historicamente participaron na distribución do espazo urbano entre os diversos grupos sociais que habitaron Ávila. A muralla representaba a separación entre o «espazo salvaxe» e o «civilizado». O campo, a terra chaira, vivían os campesiños que era a clase social máis baixa que mantiñan á cidade. Sobre o campesiñado recaía o 80% dos custos das infraestruturas urbanas, incluída a muralla cuxo mantemento reciba o nome de reparo dos muros. Segundo a tradición a dirección da construción da muralla recaeu nos dous maestres de xeometría, o romano Casandro e o francés Florín de Piruenga. O estudo da estrutura defensiva sinala que se trata dunha construción similar, na súa morfoloxía e poliorcética (arte de construción de murallas e castelos) ás murallas do ámbito andalusí.
O carácter militar da muralla é eminentemente defensivo e mantívose aínda coas reformas realizadas no século XIV que a reforzaron.
É propiedade do Estado Español e está xestionada polo concello de Ávila. Algúns tramos, os que coinciden con algúns edificios como palacios e igrexas (entre elas a catedral) son privados.