Multitude é o terceiro álbum do músico belga Stromae. Foi lanzado a través do selo Mosaert o 4 de marzo de 2022.[1] É o primeiro álbum de estudio do artista dende o seu hiato e dende Racine carrée en 2013. O primeiro sinxelo, "Santé", lanzouse o 15 de outubro de 2021.[2] Multitude inclúe diferentes estilos musicais de diferentes culturas, como nos sinxelos "Santé" e "L'enfer".[3] Durante unha entrevista con TF1, afirmou que o seu disco estivo influenciado polas frecuentes viaxes que facían el e a súa nai.
Sinxelos
Multitude xerou tres sinxelos ata o momento:
- "Santé" foi lanzado como sinxelo principal o 15 de outubro de 2021, acompañado dun vídeo musical.
- "L'enfer" foi lanzado o 9 de xaneiro de 2022 despois de que o interpretase en directo durante unha entrevista en TF1. [4]
Notas