Multiplayer online battle arena (MOBA), en galegocampo de batalla multixogador en liña, tamén coñecido como action real-time strategy (ARTS), en galego estratexia de acción en tempo real, é un xénero de videoxogos orixinado como un subxénero da estratexia en tempo real, no que o xogador controla a unha personaxe dentro dun equipo de varios xogadores. O obxectivo dos xogos deste xénero é destruír a estrutura principal do equipo contrario coa axuda doutras unidades controladas pola computadora que se moven por camiños predefinidos dentro do mapa do xogo. As personaxes dos xogadores posúen varias habilidades e vantaxes que van mellorando durante a partida e que contribúen á estratexia global do seu equipo. Este tipo de videoxogos combinan elementos dos videoxogos de acción, rol e estratexia en tempo real.
Park, H.; Kim, K.J. (2014). "Social network analysis of high-level players in multiplayer online battle arena game". International Conference on Social Informatics(en inglés). Springer International Publishing. pp. 223–226. ISBN978-3-319-15168-7. doi:10.1007/978-3-319-15168-7_28.