Movemento pola Autodeterminación Mivimentu per l'Autodeterminazione |
---|
Partido político desaparecido de Córsega |
Dirixentes e organización |
---|
Líder | Alain Orsoni |
---|
Historia |
---|
Fundación | 1990 |
---|
Disolución | 1999 |
---|
Posicións políticas |
---|
Ideoloxía | Nacionalismo corso Independentismo |
---|
|
Movemento pola Autodeterminación (Corso: Mivimentu per l'Autodeterminazione) foi un partido político nacionalista corso e independentista fundado en 1990 coma unha escisión de A Cuncolta Naziunalista (ACN). Tiña sobre 300 militantes e era partidario de combinar a loita armada coa política legal. Durante toda a súa existencia foi considerado o brazo legal do FLNC-Canal Habitual.
Historia
O seu precedente foi o Movemento Corso pola Autodeterminación (MCA), que nas eleccións corsas de 1984 obtivera un 5'2 % do voto e tres deputados. Nas eleccións corsas de 1992 promoveu a coalición U Rinnovu, pero despois dunha rolda de contactos con Edmond Simeoni abandona esta coalición para apoiar a Corsica Nazione. Debilitados polas escisións de 1994 e 1996 e pola guerra interna do FLNC, moitos militantes abandonan o partido e únense a Corsica Viva. En 1997 o MPA disólvese, dous anos despois de que o FLNC-Canal Habitual tamén desaparecera.[1]
Referencias