O motor serie ou motor de excitación en serie, é un tipo de motor eléctrico de corrente continua no que o inducido e o debandado indutor ou de excitación van conectados en serie. É por iso que a corrente de excitación ou do indutor é tamén a corrente do inducido absorbida polo motor.
As principais características deste motor son:
Cando funciona en baleiro hai perigo de embalamento debido a que a velocidade dun motor de corrente continua aumenta ó diminuír o fluxo indutor e, nun motor serie, o mesmo diminúe ó aumentar a velocidade xa que a intensidade no indutor é a mesma que no inducido.
A potencia é case constante para calquera que sexa a velocidade.
As variacións bruscas da tensión de alimentación lle afectan moi pouco, debido a que un aumento desta provoca un aumento da intensidade e, polo tanto, do fluxo e da forza electromotriz, estabilizándose a intensidade absorbida.
Utilízanse nos casos onde se require un gran par de arranque: tranvías, locomotoras… e é moi práctica a súa utilización en tracción eléctrica.