Morten Gamst Pedersen

Modelo:BiografíaMorten Gamst Pedersen

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Vadsø, Noruega (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso72 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaNoruega Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Número deportivo8 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2000–2004 Tromsø IL 103(40)
2004–2013 Blackburn Rovers 288(35)
2013–2014 Karabükspor 10(0)
2014–2016 Rosenborg Ballklub 27(3)
2016– Tromsø IL
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1999–1999   Noruega sub-18 4(3)
2000–2000   Noruega sub-19 2(0)
2001–2004   Noruega sub-21 18(10)
2004–2014   Noruega 83(17)
Familia
PaiErnst Pedersen Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm4449050 FIFA: 214977 UEFA: 52028 Editar o valor en Wikidata

Morten Gamst Pedersen, nado o 8 de setembro de 1981 en Vadsø, é un futbolista noruegués que como centrocampista ou extremo esquerdo.

Traxectoria

Primeiros anos

Orixinario do condado de Finnmark, comezou a súa carreira no Tromsø IL, o club da principal cidade do norte do país, Tromsø.

Blackburn Rovers

Logo de catro anos no campionato noruegués, onde logrou marcar unha media dun gol cada dous partidos, fichou polos Blackburn Rovers en 2004 e xogou o seu primeiro partido da Premier League o 28 de agosto de 2004, contra o Manchester United, que acabou nun empate 1-1. Rematou a tempada 2004-2005 como o segundo mellor goleador do club, con 8 goles.

Durante a tempada 2006-2007 figurou como titular na maioría dos encontros, xogando como extremo esquerdo e marcou 6 goles na liga, ademais de realizar 11 asistencias.

Turquía

En agosto de 2013 firmou de balde co club turco do Karabükspor.

Rosenborg

En marzo de 2014 volveu a Noruega para xogar co Rosenborg[1], principiou ben a tempada pero unha lesión arredouno dos terreos de xogo e en xaneiro de 2016 o club e o xogador concordaron en poñer fin ao contrato.[2] e ao pouco fichou polo Tromsø[3]

Carreira internacional

Morten Gamst Pedersen xogou por primeira volta coa selección do seu país en 2004, e o o 18 de febreiro de 2004 marcou dous goles contra Irlanda do Norte, nunha vitoria final por 4 a 1. O 2 de setembro de 2006, durante un partido de clasificación para a Eurocopa 2008 contra Hungría marcou un gol semellante ao realizado polo seu ídolo, a estrela neerlandesa da década de 1980 Marco van Basten, na final da Eurocopa de 1988. Os xornais noruegueses, como o Aftenposten ou o Dagbladet déronlle o sobrenome de "Van Gamsten".[4] Logo dese partido recibiu o Gullklokka, que é unha distinción dada os internacionais noruegueses que chegaron ás 25 convocatorias coa selección nacional.

O 12 de agosto de 2009, nun partido de clasificación para o mundial de 2010 contra Escocia, marcou un dobre que lle permitiu ao seu equipo impoñerse. Xogou o seu último partido coa selección nacional contra Chequia o 5 de marzo de 2014 nun empate 2–2.

Notas

  1. «Satses på som midtbanespiller» Arquivado 08 de marzo de 2014 en Wayback Machine., RBK.no 8 de marzo de 2014
  2. «Gamst Pedersen ferdig i Rosenborg», Aftenposten, 7 de xaneiro de 2016
  3. "Morten Gamst Pedersen klar for Tromsø", Aftenposten, 9 de xaneiro de 2016
  4. «Morten van Gamsten », VG, 2 de setembro de 2008