A morfosintaxe[1] é o conxunto de elementos e regras que permiten construír oracións con sentido e carentes de ambigüidade mediante a marcaxe de relacións gramaticais, indexacións e estrutura xerárquica de constituíntes sintácticos.[2][3] Inclúe a morfoloxía e a sintaxe,[4] dous compoñentes da gramática que, por utilidade didáctica e conceptual, se analizan por separado; porén, debe tomarse en conta que en realidade son dúas unidades indesligables. Para moitas estruturas lingüísticas particulares os fenómenos morfolóxicos e sintácticos están estreitamente entrelazados e non sempre é posible separalos. No caso das linguas polisintéticas a distinción é aínda máis difícil e en ocasións nin sequera parece posible separar morfoloxía e sintaxe, xa que unha oración pode estar formada por unha única palabra que inclúe un gran número de morfemas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía