San Pedro de Moreiras é unha parroquia do concello ourensán de Toén na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 806 habitantes (400 homes e 406 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano 2000.
Historia
Moreiras ten restos arqueolóxicos do paleolítico na Piteira e O Loureiro, ademais da proximidade dos castros de Trelle.
Sábese que a aldea de Moreiras xa existía no século XI, debido a que nesa data comezouse a construír a igrexa románica primitiva de San Pedro de Moreiras. Nos séculos XVI e XVII fixéronse construcións señoriais e fidalgas, ademais das primeiras adegas para gardar o viño. Moreiras viviu un gran choque a finais do século XIX e principios do XX, cando a agricultura en auxe e a mellora das comunicacións coa cidade fixeron que o índice de mortalidade baixara e formáronse grandes familias.
Coa chegada da democracia creáronse institucións publicas como a Casa de Cultura, onde se involucraron diversas asociacións: AVM (Asociación de Veciños de Moreiras), AMR (Asociación de Mulleres Rurais) e a Asociación Cultural Breogán.
Patrimonio
Igrexa parroquial
A igrexa parroquial é un templo rural do século XVIII con restos románicos. A fachada é de decoración barroca, rematada por dúas torres desiguais, de traza renacentista con porta alintelada á que acompañan dous pares de columnas exentas. Barandel de pedra rematando no primeiro corpo da fachada. Rematado todo con pináculos e esculturas. Dúas torres: remate piramidal (norte) e na cúpula (sur). No interior destaca o retablo gótico con pezas de imaxinería de gran valor artístico. O altar maior é do século XVI presidido pola imaxe da Purísima. Ten planta de cruz latina que conserva no muro sur restos románicos (perpiaños e aspilleiras). Amosa unhas amplas dimensións, corpo levado sobre o cruceiro, e o presbiterio máis alto que a nave.
Monumentos
Casa reitoral do párroco de Moreiras Manuel Armada.
O equipo de fútbol local é o C.D.Moreiras, que actualmente milita na 2ª rexional.
A vila dispón de dous campos de fútbol, un de area e outro de herba natural situados na contorna do sanatorio de Moreiras.
Tempo de lecer
Os seus locais sociais son O Cantiño, A Casa do Peso, o Mesón Moreiras, o Café Asanti e a Casa da Cultura.