Moreda Araba (en castelán: Moreda de Álava e oficialmente Moreda de Álava / Moreda Araba) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Laguardia-Rioxa Arabesa e tiña en 2015 unha poboación de 233 habitantes.
Entre os seus monumentos cabe destacar a igrexa de Santa María, do século XVI. Celébranse as festas da Asunción, o 15 de agosto. O domingo de Pascua celébrase a Queima do Xudas.