San Xulián de Moraime é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Muxía. Segundo o IGE en 2018 tiña 784 habitantes (406 mulleres e 378 homes) distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 1.030 habitantes, e 1999 cando tiña 1.096 habitantes.
Xeografía
Entre o seu patrimonio natural destaca o monte Corpiño de Chorente, e as praias dos Muíños e Lourido
A parroquia está atravesada polos camiños de Fisterra, a variante do Camiño de Santiago que procedente de Santiago de Compostela e se dirixe cara Muxía, e o dos Faros, na súa 6ª etapa: ruta Camariñas-Muxía.
Patrimonio
A igrexa de San Xulián de Moraime data do século XII. A carón dela estivo o mosteiro de Moraime, creado no século XI e pertencente á Orde de San Bieito. Tamén hai na parroquia un conxunto de antigas casas señoriais.
Nesta parroquia no lugar de Lourido e preto da praia atópase o novo Parador Costa da Morte.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Moraime
Parroquias de Muxía
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas