Santo Estevo de Morás é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 1.187 habitantes (602 homes e 585 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.024 habitantes.
Patrimonio
Castro de Canzobre
Castro de Santa Icía
Castro das Croas
Festas
A festa patronal é Santo Estevo, o 26 de decembro.
Amais, na parroquia de Morás festéxanse o Espírito Santo (14 semanas despois do Entroido), o San Xoán (24 de xuño), San Paio (1º domingo de xullo) e o San Roque na última semana de agosto.