Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Moldes.
San Martiño de Moldes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Melide. Segundo o IGE en 2018 tiña 69 habitantes (36 mulleres e 33 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 123 habitantes.
Patrimonio
A igrexa románica de San Martiño de Moldes foi construída no século XII. A súa fachada principal é de perpiaño, e os muros laterais de cachotaría. O retablo principal foi traído da parroquia de Santo Estevo de Pezobrés (Santiso). O templo ten outros dous retablos: o das Angustias, baldaquino, e un retablo lateral de 1741. A súa portada occidental mostra un tímpano coa loita de Sansón e o león.
Arredor da igrexa está o camposanto, e do outro lado da estrada hai un cruceiro de 1897.
Galería de imaxes
-
Igrexa de San Martiño de Moldes.
-
Igrexa de San Martiño de Moldes.
-
Igrexa de San Martiño de Moldes.
-
Igrexa de San Martiño de Moldes.
-
Igrexa de San Martiño de Moldes.
Lugares e parroquias
Lugares de Moldes
Parroquias de Melide
Notas
Véxase tamén
Outros artigos