20 francos Galo [1][2]
|
|
A/: cabeza de perfil de Marianne cara ña dereita, con barrete frixio e coroa de pólas de carballo
Lenda: REPUBLIQUE FRANÇAISE·
|
R/: galo altivo camiñando cara á esquerda sobre a terra con herba e flores. Valor facial (20 FCS). Data.
Lenda: LIBERTE · EGALITE · FRATERNITE·
|
|
A moeda de 20 francos Galo é unha moeda de ouro co valor facial de 20 francos franceses emitida entre 1899 e 1914 pola Monnaie de Paris, caracterizada por amosar a cabeza de Marianne no anverso e o símbolo nacional francés do galo no reverso.[1]
O deseñador e gravador de ambas as faces da moeda foi o escultor e medallista francés Jules Clément Chaplain.[1]
Moeda circulante
Existen dous tipos desta moeda, caracterizados pola lenda inscrita no seu canto. Nas pezas emitidas entre 1899 e 1906, a lenda é DIEU PROTÈGE LA FRANCE.[1] Pola súa banda, as cuñadas entre 1907 e 1914 levan a inscrición LIBERTÉ ÉGALITÉ FRATERNITÉ , propia así mesmo dos reversos das moedas de ambos os tipos.[2]
Tiraxes
A tiraxe total das moedas de 20 francos Galo do primeiro tipo foi de 43.034.473 exemplares[1]. Do segundo tipo emitíronse 74.414.415 pezas.[2]
Tipo 1
|
Data
|
Exemplares
|
1899
|
1.500.000
|
1900
|
615.425
|
1901
|
2.643.359
|
1902
|
2.393.707
|
1903
|
4.405.175
|
1904
|
7.705.674
|
1905
|
9.158.132
|
1906
|
14.613.010
|
|
Tipo 2
|
Data
|
Exemplares
|
1907
|
17.715.935
|
1908
|
6.721.325
|
1909
|
9.636.955
|
1910
|
5.779.072
|
1911
|
5.346.044
|
1912
|
10.331.805
|
1913
|
12.163.138
|
1914
|
6.720.141
|
|
Recuñaxes oficiais
O Estado francés levou a cabo, inicialmente en 1921 e posteriormente entre 1951 e 1960, unhas cuñaxes na Monnaie de Paris de novas moedas de 20 francos Galo idénticas ás das datas anteriores e a partir dos seus cuños orixinais, cando as moedas xa estaban desmonetizadas. O obxectivo era reconstituír as reservas de ouro en forma de moedas e influír no prezo do ouro cando se restableceu a súa venda pública despois da primeira guerra mundial, aumentando a oferta.[3][4]
A operación de 1921 está mal documentada, aínda que parece que só acadou 202.359 unidades. Levouse a cabo cando o franco "xerminal" aínda era oficialmente a unidade de conta do país, pero o ouro e a prata atesouráronse e a cotización do franco fundiuse fronte ao dólar, que chegou a quintuplicar o seu valor anterior a 1914.[2][3][4]
Pola contra, a recuñaxe iniciada a partir de xuño de 1951 —coñecida como Pinay, polo apelido do político francés— totalizou 37.483.500 unidades de pezas coas datas entre 1907 e 1914. Esta gran cantidade pesou no mercado internacional. En maio de 1952 emitiuse un bono do Estado ao 3 % indexado ao tipo oficial do "napoleón". Estas recuñaxes dos anos 50 consistiron en millóns de moedas destinadas a deprimir o prezo do ouro en caso de que os investidores e os aforradores as comprasen, coa fin de reducir a taxa de endebedamento público.[2][3][4]
Aínda que se cuñaron cos cuños orixinais, o aspecto das recuñaxes é lixeiramente diferente: ademais de estaren en magníficas condicións de conservación —dado que non circularon—, están cuñadas nun ouro máis avermellado,[2][4] cunha lei do 900,39 ‰, fronte ao 902,63 ‰, das cuñaxes orixinais.[3]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "20 francs Coq Dieu protège la France". Fr.numista.com
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "20 francs Coq Liberté, égalité, fraternité". Fr.numista.com
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Faure, J-F. (2014). "Fiscalité de l’or : clarifions le grand flou artistique". Loretlargent.info
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "La 20 francs Coq, Pinay ou pas Pinay ?". Colleconline.com
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos