O modio de Ponte Puñide é un vaso cilíndrico de bronce[1] datado no século IV, achado no ano 1913 no lugar da Ponte Puñide, na parroquia de Gonzar,[2] no concello do Pino. Está exposto no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid.
Características
O vaso era empregado polos romanos coma unidade de medida de áridos, particularmente o trigo. A importancia deste modio (latín: modius) atópase na inscrición que recolle a mención dos principais (curiae) das cidades, que estaban ao cargo de recolectar os impostos entre os habitantes dos núcleos urbanos[3] en tempos dos emperadores Valentiniano I (364-375), Valente (364-378) e Graciano (375-383), que estiveron vencellados ao poder entre 367 e 375.
O modio como unidade de medida equivalía 8,6666 litros aínda que o modio de Ponte Puñide mide case 10 litros[4] e ten un peso de 6,800 kg.
Texto da inscrición
M O D I I L (E X), IVXTA
SACRAM IVSSI [ON] EM
DOMINORVM NOSTRORUM
VALENTINIANI VALENTIS ET
GRATIANI INVICTISSIMORVM
PRINCIPVM, IVBENTE
MARIO ARTEMIO
V (IRO) C (LARISSÍMO) A [G] (ENTE)
VIC (ARIAM) P (RAEFECTVRAM) (i),
C V R (A N T I B V S) POTAMIO
ET QUENTIANO PRINCIPALIBVS.
|
Medida de modio, segundo
o sagrado mandato
dos nosos señores
Valentiniano, Valente e
Graciano, invictísmos
príncipes, mandando
Mario Artemio
Vicario da prefectura das Hispanias
procurándoo Potamio
e Quinciano pincipais.[5]
|
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos