Mistral Air é unha aeroliña italiana con sede en Roma[1] subsidiaria de Poste italiane. Opera voos regulares domésticos e servizos chárter internacionais, ademais de realizar servizos de carga. A compañía ten bases no aeroporto de Roma-Fiumicino e no aeroporto de Boloña.
Historia
Mistral Air foi fundada no ano 1981 polo actor e antigo nadador Bud Spencer e comezou a operar en 1984. A compañía foi propiedade de TNT N.V. ata marzo de 2002 cando TNT vendeulle o 75% das accións a Poste Italiane.