Miss Vaca Galicia é un concurso organizado anualmente polo programa Luar da Televisión de Galicia que ten por obxecto decidir cal é a vaca máis fermosa de Galicia do ano en cuestión. A primeira edición do concurso tivo lugar en 2006.[1] Ademais, entréganse outros galardóns: «Miss Poderosa», «Miss Aloumiños», «Miss Donaire» e «Miss Ollos Bonitos».[2]
Funcionamento do concurso
O concurso ten dúas fases. Na primeira, ábrese un período para que os donos das vacas poidan postular a algunha das súas reses como "Miss Vaca" da provincia galega que representan. Posteriormente, o programa designa un xurado que selecciona a unha "Miss Vaca" por cada unha das catro provincias galegas (Provincia da Coruña, Provincia de Lugo, Provincia de Ourense, Provincia de Pontevedra), entre todas as candidaturas presentadas.[3] Na segunda fase, nunha sesión do Luar, as catro vacas finalistas son presentadas ao público e sométese a votación entre os telespectadores a decisión do título de "Miss Vaca Galicia"; isto é, a vaca máis fermosa de Galicia dese ano.
Resultados dos concursos
Os resultados do concurso, ano a ano, foron os seguintes. As vacas gañadoras aparecen destacadas en grosa.[4]
Á vez do gran premio Miss Vaca, Luar dende 2013 tamén reparte unha serie de galardóns especiais a cada unha das catro vacas participantes, sendo estes galardóns o Miss Aloumiños, Miss Poderosa, Miss Donaire e Miss Lindos Ollos facendo referencia ao trazo máis significativo de cada vaca.[2] Os galardóns dos últimos anos repartíronse da seguinte maneira:
Miss Poderosa
Miss Aloumiños
Miss Donaire
Miss Lindos Ollos
2013
Galleira (A Coruña)
Roxa (Ourense)
Lucera (Lugo)
Xata (Pontevedra)
2016
Toura (Lugo)
Turi (A Coruña)
Nogueira (Ourense)
Rubia (Pontevedra)
2017
Linda (Lugo)
Corneta (Pontevedra)
Preciosa (A Coruña)
Muñeca (Ourense)
2018
Gallarda (A Coruña)
Princesa (Ourense)
Macarena(Lugo)
Cuca (Pontevedra)
2019
Pancha (A Coruña)
Clara (Pontevedra)
Gallarda (Ourense)
Pastora (Lugo)
2020
Pastora (A Coruña)
Bonita (Ourense)
Cereixa (Pontevedra)
Mariposa (Lugo)
2021
Teixa (Lugo)
Pucha (A Coruña)
Nogueira (Ourense)
Varela (Pontevedra)
2022
Rubia (Pontevedra)
Cachorra (Lugo)
Linda (A Coruña)
Lucera (Ourense)
2023
Blanca (A Coruña)
Marela (Ourense)
Duquesa (Lugo)
Rubia (Pontevedra)
2024
Cuca (A Coruña)
Navarra (Lugo)
Gallarda (Ourense)
Parrula (Pontevedra)
Número de veces gañadas
Miss Poderosa
Miss Aloumiños
Miss Donaire
Miss Lindos Ollos
A Coruña
6
2
2
0
Lugo
3
2
3
2
Ourense
0
4
4
2
Pontevedra
1
2
1
6
Cabe resaltar que ningunha Miss Donaire gañou o Miss Vaca, pola contra parece que as Miss Poderosa teñen máis posibilidades de gañar o concurso.