O Minnesota Frost é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Saint Paul, Minnesota (Estados Unidos). É unha das seis franquías da Professional Women's Hockey League (PWHL). Minnesota xoga os seus partidos como local no Xcel Energy Center de Saint Paul.
Historia
O 29 de agosto de 2023 anunciouse que unha das primeiras seis franquías da PWHL estaría localizada en Minnesota.[1] O 1 de setembro a liga anunciou que Natalie Darwitz, antiga capitá da selección estadouindense, sería a directora xeral do equipo.[2][3] O 15 de setembro anunciouse que o antigo adestrador dos equipos feminino e masculino da Universidade de Bethel, Charlie Burggraf, sería o primeiro adestrador do equipo.[4] Con todo, o 27 de decembro anunciouse que Burggraf deixaría o cargo de adestrador xefe do equipo, e sería substituído polo antigo seleccionador dos Estados Unidos Ken Klee.[5]
Palmarés
Trofeos colectivos
- Professional Women's Hockey League
- A Walter Cup (Copa Walter) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da PWHL. É o trofeo principal da competición. Minnesota foi o primeiro equipo en alzar a Walter Cup en 2024. O PWHL Minnesota gañou unha vez o campionato: 2024
Trofeos individuais
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Equipos | |
---|
Tempadas | |
---|
Drafts | |
---|
Persoal | |
---|
Trofeos | |
---|