Minas
|
Información xeral
|
Liga
|
NBB / Campionato Mineiro
|
Fundación
|
15 de novembro de 1935
|
Cores
|
Azul, branco
|
Presidente
|
Luiz Gustavo Lage
|
Adestrador
|
Luiz Fernando Leão
|
Localización
|
Cidade
|
Belo Horizonte, Brasil
|
Pavillón
|
Arena Juscelino Kubitschek
|
Capacidade
|
4.000
|
Inauguración
|
1952
|
Campionatos
|
C. Suram.
|
1 (2007)
|
C. Mineiro
|
19 (1964, 1965, 1966, 1967, 1968, 1969, 1970, 1971, 1978, 1987, 1991, 1993, 1994, 1995, 1997, 2007, 2008, 2009, 2015)
|
minastenisclube.com.br
|
O Minas Tênis Clube é un equipo profesional de baloncesto brasileiro con sede na cidade de Belo Horizonte, Minas Xerais. Fundado en 1935, xoga no Novo Basquete Brasil, máxima categoría do baloncesto carioca, e onde posúe o récord de temporadas consecutivas, tendo disputada todas as edicións desde 2002. O equipo compite ademais no Campionato Mineiro. É parte da asociación polideportiva Minas, que conta con equipos de deportes como o tenis, futsal, natación ou voleibol.
Historia
A sección de baloncesto do Minas foi unha das primeiras en ser organizada e dar bos resultados ao club. Con tradición en baloncesto, o equipo minastenista participa no Campionato Brasileiro desde cando este tiña o nome de Taça Brasil. A primeira disputa no certame ocorreu en 1966 e o Minas ficou co terceiro lugar. O equipo posúe máis temporadas consecutivas na elite do baloncesto brasileiro, tendo disputado todas as edicións do principal campionato nacional da modalidade desde 2002. A nivel estatal, o Minas conquistou o Campionato Mineiro por 19 veces, sendo a última en 2015. En 2007, o Minas conquistou o seu título máis importante en baloncesto: o Campionato Suramericano de Clubs Campións.
Véxase tamén
Ligazóns externas