Miguel Ángel Sotuela Vega, nado en San Clodio (Ribas de Sil) en 1960, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Executivo do Sector Mineiro Galego dende 1982, ocupa a Secretaría de Acción Sindical de UXT en Valdeorras. Vinculado ao PSdeG-PSOE dende 1995, é alcalde de Ribas de Sil dende 1997 cando encabezou unha moción de censura contra o alcalde do PPdeG José Rodríguez Rodríguez co apoio dos dous tenentes de alcalde do PPdeG[1]. Dende 1999 é alcalde sempre con maioría absoluta. É deputado provincial dende 2003.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas