Luís Miguel Vieira Silva, máis coñecido como Vieira, nado o 8 de outubro de 1990 en Amarante (Porto), é un futbolista profesional portugués que xoga como defensa central no İstanbul Başakşehir.
Traxectoria
Nado en Amarante, no Distrito do Porto, Vieira comezou a súa carreira no fútbol no club afeccionado Vila Meã da súa localidade natal. Con vinte e dous anos asinou co Aves da Segunda Liga, facendo o seu debut como profesional o 18 de agosto de 2013 nun empate 1–1 contra o Oliveirense no Carlos Osório de Oliveira de Azeméis, onde xogou os 90 minutos.[1] Na seguinte temporada, a 2014–15, anotou 4 goles en 39 xogos, axudando ao seu equipo a acadar o décimo oitavo posto, fóra da zona de descenso.
En xuño de 2015, Vieira asina por dous anos co Paços de Ferreira da Primeira Liga.[2] O seu debut na máxima categoría chegou o 30 de agosto dese mesmo ano, saíndo como suplente para xogar 42 minutos no empate 1–1 contra o F.C. Arouca no Estádio da Mata Real pacense. O seu protagonismo cos "Castores" foi en aumento ano a ano, e na temporada 2017−18 xogou 32 partidos onde anotou 4 goles, sendo incluído varias veces na votación para mellor defensa do mes.[3]
Clubs
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas