Miguel Rodríguez Segade, nado en Chorente (Rianxo) o 9 de xullo de 1895 e finado en Neuquén (Arxentina), foi un médico e político galego.
Traxectoria
Na Segunda República pertenceu ao Centro Republicano Radical Socialista de Rianxo, que triunfou nas eleccións do 31 de maio de 1931 e foi elixido alcalde de Rianxo o 23 de xuño. Cesou no cargo a finais de decembro de 1932 para participar na oposición á praza de médico titular e inspector municipal. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi obrigado polos falanxistas a traballar nas obras da estrada Rianxo-Burés. Exiliouse na Arxentina, instalouse en Buenos Aires e despois en Neuquén, onde morreu.
Véxase tamén
Bibliografía
- Comoxo, Xosé; Santos, Xesús (2006). Saúde e República (Rianxo 1930-1936) Política e sociedade. Rianxo: Concello de Rianxo.
Ligazóns externas