Miguel José Martínez Losada, nado na Coruña en 1946 e finado o 7 de abril de 2015[1], foi un químico e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade Complutense de Madrid. Foi químico na empresa Down Chemical (1970-1973) e traballou como funcionario do Instituto Nacional de Seguridade do Ministerio de Traballo. Foi membro do consello de administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (1984-1986) e gobernador civil de Pontevedra (1986-1987). Foi conselleiro de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia (1987-1990) e deputado no Parlamento de Galicia (1990-1993). Foi director do Centro de Seguridade e Saúde Laboral da Coruña (2005-2008). En 2008 foi nomeado director do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas